Antigamente un freelancer era un mercenario, hoxe en día, un traballador independente ou autónomo. Paradoxicamente, o termo en inglés non ten as mesmas connotacións que na nosa língua.

Escollemos o 4 de xullo como o día do traballo independente (autónomos, profesionais independentes, traballadores en remoto, freelancers…) e en Doutroxeito Coworking Santiago ímolo celebrar cunha xornada especial.

A transformación do mercado laboral é algo que leva sucedendo ao longo de toda a historia da humanidade. Sen embargo, hoxe en día, no entorno VUCA que vivimos, faino a unha velocidade vertixinosa. Como será o traballo do futuro é unha auténtica incertidume. Os últimos anos o emprendemento está en boga,  e escenario profesional é totalmente diferente. Novas regras, novos sectores, novas oportunidades e unha nova clase de profesionais independentes comenza a tomar posicións fronte ao novo modelo laboral.

Freelancers Day 2019, é o día para reunir a todos estes profesionais independentes e facer unha posta en común. Un día para compartir experiencias e coñecementos, aprender, darse a coñecer e xerar posibles colaboracións e oportunidades de negocio.

PROGRAMA

9:00 Recollida de acreditacións

9:15 I Break very Fast

9:30 “Freelancers Early Morning Show”. Benvida (podes asistir co café, con calma)

COMEZAMOS!

10:30 “Produto, Atributo vs Beneficios. Necesidades, Crear vs. Descubrir” Javier García Elespe

11:00 “Dixitalízate ou prepárate para morrer” Andrés Ponte Iglesias.

11:30 II Break very Fast

SEGUIMOS!

12:00 “O Monóxido de Carbono non sempre é tóxico” Ana Berta Domínguez Merelles.

12:30 “Cautiva co teu propio Storytelling, serás un imán de masas” Diana Pardo Varela

13:00 “Tokio al habla IP rights” Tamara Rodríguez Silva

13:30 ConciliaQué? Mesa debate. Fernando Piñeiro. Berta Merelles

14:00 XANTAR (Lugar por determinar)

16:30 “Du bist Dran. Canta Claro´s Time”

  • 16:45 Primeira Rolda
  • 17:45 Break
  • 18:15 Segunda Rolda
  • 19:15 Break
  • 19:30 Premios Doutroxeito Coworking Santiago

20:00 “Freelancers Late Night Show” con Camilo Ameijeiras Co-Fundador de Laconnetwork.

Durante todo o día: PON BOA CARA con Roberto Gómez Díaz

 

IMPORTANTE: Doutroxeito Coworking Santiago está ubicado nun edificio histórico e o acceso para persoas con mobilidade reducida pode facerse compricado. Avísanos con tempo e encargarémonos de que isto non ocorra.

Ademáis, se cres que podes aportar experiencias e coñecementos, contáctanos en merelles.berta@doutroxeito.gal e valoraremos a túa proposta.

Organizan

Colaboran

Se continuas utilizando este sitio aceptas o uso das cookies. Máis información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar