o espazo

Queres coñecer o noso recuncho máxico?

o que che ofrecemos

Desfruta dun espazo confortable

Estamos no corazón de Compostela, na Praza de Galicia. Nun dos edificios máis históricos desta cidade que compartiu escenario co antigo edificio Castromil.

O terceiro andar é un espazo diáfano ideal para o inicio, desenvolvemento e consolidación de actividades profesionais.

O teu posto de traballo terá abundante luz natural e conexión a internet excelente. Estarás ao quente nos meses máis fríos e desfrutarás das conversas á hora do café, onde a parte de intercambiar pareceres soen xurdir grandes proxectos.
Á parte das salas, tamén hai un pequeno recuncho (#tardisxeiter) onde terás intimidade para conversas telefónicas.
Á balconada aínda lle estamos buscando o xeito de desfrutar dela.

004-education-copia.png

Salas

Dispomos de dúas salas, unha especificamente deseñada para dar formación e outra perfecta para reunións.

006-telephone-copia.png

Phone Box

Temos unha cabina propia onde poderás realizar e recibir chamadas tranquilamente. Non é unha TARDIS pero fai a súa función.

005-coffee-cup-copia.png

Recuncho do café

Temos cafeteira e fervedor para preparar un café ou té. Tamén temos microondas e neveira para os que xantamos de “Tupper“.

as vantaxes

Qué aporta o coworking?

COWORKING é non só unha metodoloxía de traballo senón un estilo de vida no que o propio espazo constitúe unha verdadeira comunidade onde o importante son as PERSOAS.
Os #doutroxeiters somos unha comunidade de profesionais independentes ubicados nun espazo adecuadamente amoblado e ambientado para a cooperación. Ademáis das postos de traballo, son fundamentais os espazos que serven para relaxarse, para manter unha conversa, para reunirse e compartir coñecementos, para respirar…
Doutroxeito nunca será un servizo de oficinas compartidas, senón un espazo con entidade social: os #doutroxeiters somos emprendedores que nos acompañamos entre nós, que precisamos da relación profesional e persoal para traballar mellor e para sermos máis produtivos e felices.
Doutroxeito nace da evolución natural das formas de traballar e é o mellor ecosistema para as persoas que, cada vez máis, optan por traballar para sí mesmas.
opinións

Qué din de nós?

Doutroxeito Coworking Santiago... ou o que é o mesmo: traballar nun ambiente cómodo, ameno, colaborativo, luminoso e sobre todo, onde as ideas afloran a cada minuto. Aínda que vaias só de visita.....o espazo acóllete como membro da familia. Un espazo onde aportas e recibes na mesma medida.

Ana Pérez
Ana Pérez

En Doutroxeito conflúen o ambiente ideal de traballo e o emprazamento estratéxico para dinamizar a túa empresa/negocio dende o corazón da capital de Galicia.

Alfonso Espiño
ALFONSO ESPIÑO

Nun espazo máxico coma este, alcanzar as tuas metas está un chisco máis preto.

Roberto Gómez Díaz
Roberto Gómez Díaz

Doutroxeito é para min unha segunda casa no corazón de Compostela, onde traballar agusto, con boa xente, grandes profesionais e con vistas inspiradoras da Berenguela.

Xaime Cortizo
Xaime Cortizo

Espazo enfeitizante que me cautivou.

Berta Merelles
Berta Merelles

Nice place to stay and work in Santiago.

Marcel Colley
Marcel Colley
coworkers

Fai amigos, traballa a gusto

Se queres ir rápido camiña só, se queres chegar lonxe vai acompañado.

Se continuas utilizando este sitio aceptas o uso das cookies. Máis información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar