COWORKERS

Luis Alberto Fernández Marqués

Luis Alberto Fernández Marqués

Este berciano estudou Económicas, traballou en varias empresas de telecomunicacións e dende hai algúns anos é a cara visible de AGASOL, a Asociación Galega de empresas que traballan con Software Libre.
Falar con Luis Alberto é estar expostos a un torrente de ideas e de información que nos facilitan a vida.
Dedícase a coordinar os proxectos nos que colaboran as empresas asociadas.
Non hai un minuto do seu tempo que non estea dedicado a promocionar o SOFTWARE LIBRE.

  • software libre
María Veiro

María Veiro

A outra metade de AGASOL é Licenciada en Empresariais e leva a Administración da asociación: contabilidade, papeis, teléfono... o que sexa menos a parte técnica, que para iso xa están as empresas asociadas.

  • software libre

 

Iñaki Quenerapú

Iñaki Quenerapú

Iñaki ten feito de todo. Leva sentado diante dun ordenador desde 1982, ausentándose só para atender as funcións fisiolóxicas fundamentais e pouco máis. Vertebra a súa actividade maiormente arredor do desenvolvemento de sitios e aplicacións web, o deseño gráfico e a formación en tecnoloxía e recursos de Internet. É un gran defensor do software libre, das aplicacións na nube, do software portable, dos live-CDs e, en definitiva, de todas as formas de traballo que non te atan a un ordenador ou dispositivo en particular e que che permiten ser un nómada dixital.
#BoaIdea #Nubescola

  • deseño gráfico
  • desenvolvemento web
  • formación
Chus Prol

Chus Prol

Consultora de formación e formadora, empeñada en divulgar os beneficios da sociedade colaborativa. Xestora en Doutroxeito Coworking ao servizo dos profesionais independentes e dos reinventores de sí mesmos.

  • formadora
  • doutroxeito

 

Jorge Purkut

Jorge Purkut

Xerente en Geritek, unha empresa de servizos sociais, asistencia domiciliaria, que facilita o transporte adaptado a persoas de mobilidade reducida.

  • asistencia domiciliaria
  • transporte adaptado
Paco Cortés

Paco Cortés

Biólogo mariño. Iniciou a edición dunha wiki co fin de recoller, sistematizar e facilitar aos usuarios o acceso aos documentos existentes sobre pesca e marisqueo en Galicia. Xa está nunha fase máis evoluida: Desenvolve un proxecto sobre os recursos mariños de Galicia e o seu aproveitamento.
www.galiciamarinheira.drupalgardens.com
es.galirema.wikia.com

  • pesca e marisqueo
  • recursos mariños

 

Xaime Cortizo

Xaime Cortizo

Leva agarrado á cámara fotográfica desde os oito anos, e dez como profesional. Defínese como un yonkie da luz. Nas súas fotos busca capturar momentos que inspiren e que provoquen emocións: Un ceo en Compostela, un instante máxico nun concerto... Completa o exercicio da fotografía ofrecendo en Xaime Cortizo Fotografía e Comunicación visual un servizo integral de imaxe visual para empresas, proxectos e emprendedores: deseño gráfico, deseño web...

  • Fotografía
  • Imaxe Visual
Emma Marqués Solla

Emma Marqués Solla

Freelance desde hai 20 anos. Do seu traballo nunha axencia publicitaria evolucionou ao deseño de páxinas web. Está en fase de emprender unha nova aventura: a creación de ENMATERIA, unha axencia desde a que facer imaxe de marca, deseño e desenvolvemento web e marketing on line. Estará acompañada de dúas socias expertas en Social Media e Curación de contidos.

  • Deseño e desenvolvemento web
  • Marketing online
  • socia de enMateria

 

Euri Castillo

Euri Castillo

"Sentir fondo, entender alto e falar claro" é a frase que define a esta xornalista de profesión a quen as circunstancias da vida a trouxeron de Venezuela a Galicia a gozar dunha nova realidade que vive con intensidade e entusiasmo e está presente nas conversas e nas entrevistas, xénero de manexa con especial naturalidade.
Ese entusiasmo tamén o practica na xestión da comunicación desde DMA Advisory, onde xunto con outros profesionais, brindan asesoría económica e de xestión a empresas. A súa misión final é comunicar construíndo relacións de calidade entre a empresa e o seu contorno.

  • comunicación
  • asesoría económica
  • socia de enMateria
Alberto Garrido

Alberto Garrido

Especialista en video streaming, traballou en varias multinacionais e startups coas que viaxou por medio mundo. De volta a Santiago tras anos no extranxeiro descubriu que tamén se poden facer boas cousas desde aquí onde a vida é diferente.
No tempo de lecer gosta de compartir experiencias cos amigos e de degustar novas creacións gastronómicas. Tamén preparar as viaxes aos próximos destinos e practicar a fotografía. Para manterse en forma prefire camiñar disfrutando de Santiago e arredores, e algo de ximnasio e tenis cando o tiempo o permite.

  • video streaming
  • media
  • cdn

 

Diana Pardo

Diana Pardo

Licenciada en Administración y Dirección de Empresas, experta en Marketing de Contenidos Digitales: RRHH 2.0, Emprendimiento, Startups, Fintech, Crowdfunding/lending, Liderazgo, Social Recruitment. Si necesitas una redactora de contenidos con experiencia y dominio del marketing de contenidos con creatividad, seguro que nos entenderemos. Pídeme un presupuesto sin compromiso.

  • Economista
  • Marketing de Contenidos
  • Nutrición y Salud
Beatriz Calavia

Beatriz Calavia

Dí de ela mesma que é avogada de causas perdidas. O certo é que entre o "Turno de oficio" e o "Voluntariado Dixital" hai nela moito de vocación polo social e gañas de cambiar o mundo desde o Dereito. Así, últimamente podémola ver compartindo coñecemento sobre acoso e uso de redes sociais con adolescentes e xente nova nos institutos. Unha causa xusta máis coa que colaborar.

  • Avogada
  • Voluntariado

 

Marta F. Mahiques

Marta F. Mahiques

Avogada de Familia que só quere ser avogada de Familia. Manchega polos catro costados: as ideas claras, e ao pan, pan. Gostamos da súa clarividencia e do seu humor chanante: o día que repartiron a vergoña ela non foi á clase.

  • Avogada
  • Derecho de Familia
André Castelo

André Castelo

O máis benxamín dos coworkers danos clases a todos do que é ter un obxectivo e ir por el en liña recta. Desde APDTIC asesora en materia de Protección de datos, Marcas e propiedade intelectual e industrial, E-Commerce, Start Ups...
Tamén tén con que relaxarse: dándolle patadas a un balón e cos amigos, ese gran invento para pasalo ben.

  • Derecho TIC
  • Protección de datos
  • Propiedad intelectual
 

Hugo Panete

Hugo Panete

Avogado xeralista (Civil, Penal...) de caráctel afable e fala serena. Móvese resolvendo problemas legais na diagonal A Garda-Compostela. O noso home tranquilo deixa o "Balbordo" para o seu tempo de lecer: cunha Gibson nas mans transfórmase nun "melody maker" que dá xenio oílo.

  • Abogado
Hórreo, 22 - 3º
15701 - Santiago de Compostela
chusprol@doutroxeito.gal
881978764

Aviso legal