Aviso legal

AVISO LEGAL E INFORMACIÓN

O presente aviso e información legal regulan o uso do sitio web www.doutroxeito.gal, que Métodos Aplicados de Formación S. L. pon á disposición dos usuarios de Internet.

DATOS DA ENTIDADE

  • Razón social: Métodos Aplicados de Formación, sociedad limitada
  • Domicilio social: Rúa da República Checa 40, 15707 – Santiago de Compostela
  • CIF: B70491428
  • Enderezo de correo electrónico: info@apliformacion.com
  • Teléfono: 881978764.

OBXECTO

O sitio web www.doutroxeito.gal ten por obxecto principal informar sobre as actividades desenvolvidas por Doutroxeito Coworking, tales como a exhibición do espazo de coworking, a información sobre os servizos e tarifas que ofrece e a programación de eventos formativos e de networking. Igualmente informámoslle que a visita a dito sitio web non supón que o usuario estea obrigado a facilitar ningunha información sobre si mesmo.

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

Os usuarios que faciliten datos de carácter persoal, consenten inequívocamente a incorporación dos seus datos aos ficheiros, que conteñan datos de carácter persoal, dos que é titular Métodos Aplicados de Formación S.L. así como o tratamento informatizado ou non dos mesmos coa fin de que poidan ser utilizados por dita entidade cunha finalidade propia do seu obxecto social.

Métodos Aplicados de Formación S.L. infórmalle expresamente que ditos datos, xunto cos que se orixinen como consecuencia da execución do servizo, resultan necesarios para o desenvolvemento, control, xestión e execución dos mesmos e que os datos serán incorporados aos ficheiros creados a tal efecto en cada caso.

A introdución e rexistro dos datos persoais por parte do usuario comportará a aceptación e autorización expresa a Métodos Aplicados de Formación S.L. para a recollida, incorporación aos respectivos ficheiros e tratamento de ditos datos persoais, así como a súa conservación durante os prazos previstos nas disposicións aplicables. E, en cumprimento do establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal Vde., poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos persoais ante a Responsable do Ficheiro no enderezo de e-mail: info@doutroxeito.gal ou mediante o envío dunha carta dirixida a Métodos Aplicados de Formación S.L. á dirección postal: Hórreo, nº22-3º, C.P. 15701, Santiago de Compostela, á atención de “Datos Persoais“.

O usuario acepta que os seus datos poidan ser cedidos a terceiros exclusivamente para as finalidades sinaladas anteriormente, na forma e coas limitacións que impón a lexislación actual sobre protección de datos persoais.

Hórreo, 22 - 3º
15701 - Santiago de Compostela
info@doutroxeito.gal
881 978 764

Aviso legal