A comunidade

O Coworking é un estilo de vida. É tamén unha metodoloxía de traballo. Non deixa de ser un espazo ”con alma”, onde o importante son as persoas.

Doutroxeito é unha comunidade de traballadores independentes, unha comunidade real, física, ubicada nun espazo adecuadamente amoblado e ambientado para a cooperación dos seus integrantes. Ademáis das mesas de traballo son fundamentais os espazos que serven para relaxarse, para falar distendidamente, para reunirse e compartir coñecementos…

Doutroxeito non e só un servizo de oficinas compartidas senón que o acompaña un matiz social: os coworkers son emprendedores que se acompañan entre sí, que precisan da relación profesional e persoal para mellor traballar e para seren máis produtivos.

Doutroxeito nace da evolución natural das formas de traballar e quere ser un ecosistema útil para as persoas que, cada vez máis, optan por traballar para sí mesmas, sexa dende unha oficina particular ou dende os seus fogares. Para estes traballadores existe o Coworking. En cada un deles está a opción de traballar á maneira tradicional ou … destoutro xeito.

Hórreo, 22 - 3º
15701 - Santiago de Compostela
info@doutroxeito.gal
881 978 764

Aviso legal