o espazo

Queres coñecer o noso recuncho máxico?

o que che ofrecemos

Flex & Safe Space

Estamos no corazón de Compostela, na Praza de Galicia. Nun dos edificios máis históricos desta cidade que compartiu escenario co antigo edificio Castromil.

004-education-copia.png

Salas

Espazos privados para traballar, reunirse, formar e formarse, impartir  e recibir terapia, sesións de ventas…

006-telephone-copia.png

Phone Box

Cabina privada para chamadas telefónicas e meetings online. Unha TARDIS con moi boa acústica.

005-coffee-cup-copia.png

Outdoor

Balconada para respirar, tomar café ou reunións con clientes cunhas vistas espectaculares ao corazón de Santiago de Compostela.

as vantaxes

Qué aporta o coworking?

COWORKING é non só unha metodoloxía de traballo senón un estilo de vida no que o propio espazo constitúe unha verdadeira comunidade onde o importante son as PERSOAS.
Os #doutroxeiters somos unha comunidade de profesionais independentes ubicados nun espazo adecuadamente amoblado e ambientado para a cooperación. Ademáis das postos de traballo, son fundamentais os espazos que serven para relaxarse, para manter unha conversa, para reunirse e compartir coñecementos, para respirar…
Doutroxeito nunca será un servizo de oficinas compartidas, senón un espazo con entidade social: os #doutroxeiters somos emprendedores que nos acompañamos entre nós, que precisamos da relación profesional e persoal para traballar mellor e para sermos máis produtivos e felices.
Doutroxeito nace da evolución natural das formas de traballar e é o mellor ecosistema para as persoas que, cada vez máis, optan por traballar para sí mesmas.
opinións

Qué din de nós?

Estiven usando os servizos de Doutroxeito Coworking Santiago e foi unha experiencia xenial. Tanto a nivel profesional como personal. Recoméndoo.

Fernando Domínguez Dacasa

Doutroxeito Coworking Santiago... ou o que é o mesmo: traballar nun ambiente cómodo, ameno, colaborativo, luminoso e sobre todo, onde as ideas afloran a cada minuto. Aínda que vaias só de visita.....o espazo acóllete como membro da familia. Un espazo onde aportas e recibes na mesma medida.

Ana Pérez
Ana Pérez

En Doutroxeito conflúen o ambiente ideal de traballo e o emprazamento estratéxico para dinamizar a túa empresa/negocio dende o corazón da capital de Galicia.

Alfonso Espiño
ALFONSO ESPIÑO

Nun espazo máxico coma este, alcanzar as tuas metas está un chisco máis preto.

Roberto Gómez Díaz
Roberto Gómez Díaz

Doutroxeito é para min unha segunda casa no corazón de Compostela, onde traballar a gusto, con boa xente, grandes profesionais e con vistas inspiradoras da Berenguela.

Xaime Cortizo
Xaime Cortizo

Espazo enfeitizante que me cautivou.

Berta Merelles
Berta Merelles

Nice place to stay and work in Santiago.

Marcel Colley
Marcel Colley
coworkers

Fai amigos, traballa a gusto

Se queres ir rápido camiña só, se queres chegar lonxe vai acompañado.

Se continuas utilizando este sitio aceptas o uso das cookies. Máis información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar